Idioma: Galego Idioma: Español Language: English 

 
 
Recetario

Torta de Queixo

Torta de Queixo con Remuiños de Framboesa

Forrar có papel de aluminio a base dun molde desmontable de 22 cm e engraxar con aceite. Tritura-las galletas ata telas ben esfaragulladas, engadi-la manteiga e mesturar. Pasa-la mestura ó molde premendo contra o fondo e as paredes. Poñer na neveira 20 minutos (ata que a masa quede firme).

Poñe-la xelatina nun molde pequeno e remexer ó baño maría ata que se disolva. Deixar temperar.

Bate-lo queixo na batedor ata que quede brando, agrega-lo zume e o azucre e bater ata que a mestura sexa homoxénea. Incorporar suavemente a tona batida.

Bate-las framboesas con dúas culleres de azucre ata que a mestura quede fina. Incorporar metade da xelatina á mestura do queixo e a outra metade á da framboesa.

Verte-las dúas mesturas no molde e remexer cunha agulla longa formando remuíños. Meter en neveira dúas horas (ata que calle a torta) Decorar con tona montada e framboesas.

Torta de queixo con remuíños de framboesa

Ingredientes

torta
  • 250 g. de galletas de froitos secos
  • 90 g. de manteiga
recheo
  • 1/4 cunca de auga
  • 2 culleres de xelatina
  • 500 g. queixo cremoso desnatado
  • 1/3 cunca de zume de limón
  • 1/2 cunca de azucre
  • 1 e 1/4 cunca de tona, batida
  • 250 g. de framboesas conxeladas
  • 2 culleres extra de azucre
 
 

Olmo, 4 Bx Esq. 15614 Pontedeume .:. Tfno: 981-431722 .:. e-mail: arela@arela.com.es

Deseño: Arela e Código Ártabro .:. Codificación: Código Ártabro .:. Valid HTML 4.01 .:. Valid CSS3