Idioma: Galego Idioma: Español Language: English 

 
 
Flores

Arela é unha empresa familiar que surde de intentar converter o amor po-lo bon facer no campo e na cociña nun medio de vida. Buscamos ademais desenrolar un tipo de cultivo, o de “Pequenos Froitos”, que pode ser unha alternativa como actividade complementaria ás explotacións familiares de limitada superficie, tan común en Galicia, tendo en conta que a nosa rexión, po-lo tipo de chan e condicións climáticas é idóneo para este tipo de cultivos.

En cada producto, coidamos cada paso con delicadeza artesanal ata o resultado final. Está na nosa man cada etapa do proceso, dende o cultivo, buscando as variedades máis axeitadas, e a recolleita e selección da froita, pasando po-la elaboración ata o envasado final para coidar o sabor e esencia das froitas.

A finca está sita nunca ladeira de magnificas vistas á desembocadura do río Eume, cerca da súa fraga, declarada parque natural e que representa o mayor bosque atlántico de Europa. No seu interior de fraga humida de frondosas, donde non se perderon as árbores autóctonas, perviven algunhas especies de pequenos froitos, formando parte do matorral, como son a herva dos arándos, raños, abruño e érbedo entre outros.

Marmeladas, conservas, licores, etc. unha variada gama de productos de calidade feitos para achegar o disfrute da boa froita ós momentos de mesa, no almorzo, como acompañamento ou nos postres, ou simplemente unha copa nun momento con amigos.

 
 

Olmo, 4 Bx Esq. 15614 Pontedeume .:. Tfno: 981-431722 .:. e-mail: arela@arela.com.es

Deseño: Arela e Código Ártabro .:. Codificación: Código Ártabro .:. Valid HTML 4.01 .:. Valid CSS3